Pasadas as festas do Entroido, entramos no tempo litúrxico de Cuaresma, que empeza hoxe co Mércores de Cinza. Como esta semana é moi curta, adiantamos xa as actividades que temos organizadas para a vindeira. E isto é o que nos agarda:
- Xoves 2: Derradeira Xornada de Portas Abertas (15.45 h). Aínda así, as familias que queiran coñecernos, só teñen que pedir cita e atenderémolas gustosamente.
- Venres 3: O alumnado de 3º ESO-A visita a Domus para participar nun obradoiro de elaboración de fármacos.
- Sábado 4: Regresan da súa viaxe de estudos a Roma os alumnos e alumnas de Bacharelato (saíron o día 28 de febreiro).
- Luns 6: Alumnado de 5º e 6º de Infantil (4 e 5 anos) asisten a un teatro de títeres en Afundación. A obra titúlase Osiño. Pola súa banda, alumnas e alumnos de 5º e 6º Primaria, máis 1º e 2º ESO terán unhas charlas no colexio sobre o Acoso Escolar, dentro do programa do Plan Director para a Convivencia.
- Martes 7: Día grande para toda a comunidade educativa, pois celebramos ó noso fundador, o beato Faustino Míguez. Ás 10.00 teremos unha eucaristía na súa honra e, despois, actividades culturais e lúdicas para todos os cursos. Remataremos cunha celebración co profesorado e PAS do colexio.
- Mércores 8: FESTIVO LOCAL. Descansamos…
- Xoves 9: Contacontos para os nenos e nenas de Infantil, e formación para as familias dos nenos de 1ª Comuñón de 2º ano.
- Venres 10: Visita á Domus para o alumnado de 3º ESO-B. Participarán tamén no obradoiro dos fármacos.
Feliz semana para todos!