Mmmm… Xa vai quedando menos para a nosa VII Festa do Entroido, na que todos –dende os máis pequeniños ata os “grandiños”– participamos con moita ledicia desta festa do entroido e á que todas as familias estades especialmente invitadas. Que nos depara esta semaniña?
- Martes 21: O alumnado de 3º EP visita un supermercado de GADIS.
- Mércores 22: Xornada de Portas Abertas para as familias de alumnos de Robótica extraescolar (16.30 h para ESO; 17.45 h para EP).
- Xoves 23: Entrega do boletín de notas do 2º trimestre ó alumnado de 2º BACH. Pola tarde, 3ª Xornada de Portas Abertas (15.45 h).
- Venres: VII Festa do Entroido (ESO e BACH pola mañá; EI e EP pola tarde). Enviarase unha circular sobre este tema por Educamos.
Lembrámosvos que retomamos as clases o día 2 de marzo, xoves, nos nosos horarios habituais.
Feliz semana para todos e tamén felices festas de Entroido!