Suma e segue… Así é o noso vivir semana a semana, con ilusión, con moitas ganas de ensinar e aprender, tamén con probas que avalían o traballo realizado… Antes de recordar que nos agarda nestes días, queremos lembrar o premio concedido este pasado sábado ó profesorado e alumnado implicado no proxecto “I+D Media 3.0” desenvolvido o curso pasado. Recibiron o 2º accésit á Innovación e Experimentación Pastoral (podedes velo picando en https://joom.ag/f7WQ). Moitos parabéns para todos!!!
E que pasará esta nova semana? Movemento e vida, que se manifestan, entre outras actividades, en:
- Martes 14: Sesión de fotos para os seguintes cursos: 2º BAC; 4º e 2º ESO; 6º, 4º e 2º EP; 6º e 4º EI (5 e 3 anos). Ademais, os nenos de 1º EP realizan unha visita a un supermercado de Gadis. Pola tarde, ás 19.00 h, reunión informativa sobre o Bacharelato Dual “American High School” para as familias de 2º e 3º ESO.
- Mércores 15: Reunión para as familias dos alumnos de 6º EP que se anotaron como voluntarios ó proxecto “Un día de cine”, coordinado pola Asociación Proxecto Máscaras (19.30 h).
- Xoves 16: Alumnado de 2º EP visita un supermercado de Gadis e alumnos de 2º BAC inician os exames da 2ª avaliación. Pola tarde, 1ª Xornada de Portas Abertas para as familias de novos alumnos para o curso 17-18 (empezamos ás 15.45 h).
- Venres 17: Un grupiño de alumnos de 6º Infantil (5 anos) participa na 2ª edición do concurso Maths Champions (tedes máis información en http://www.fomento.edu/montespino/mathschampions/).
- Sábado 18: 2ª Xornada de Portas Abertas (11.00 h).
Feliz semana para todos!