Iniciamos unha semana moi interesante, na que prima a formación continua do profesorado en varios aspectos pedagóxicos e de xestión académica (plataforma educativa, calidade, linguaxe administrativa, pastoral). Todo isto para seguir dando as respostas adecuadas ó noso alumnado. As actividades que temos previstas para pequenos e grandes son as seguintes:
- Luns 6: Unha pequena sorpresa para o alumnado de 6º EP.
- Martes 7: Obradoiro de educación ambiental para 2º ESO-A e visita á AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía).
- Mércores 8: Mesmo obradoiro e mesma visita para 2º ESO-B.
- Xoves 9: Formación para nais e pais dos nenos de 1º Comuñón 1º ano (16.30 e 19.30 h).
- Domingo 12: Misa familiar na parroquia de Ntra. Sra. de Los Rosales preparada polo alumnado de catequeses de Confirmación (11.30 h).
Feliz semana para todos!