Derradeira semana do curso. Nela recordaremos algunhas datas que nos teñen que concienciar da importancia de colaborar en todo o que poidamos para ser solidarios coas persoas e para coidar da nosa casa, o planeta que habitamos:
- 12: Día Mundial contra o Traballo Infantil (http://www.un.org/es/events/childlabourday/background.shtml).
- 14: Día Mundial do donante de sangue (http://www.who.int/campaigns/world-blood-donor-day/2017/es/).
- 17: Día Mundial contra a Desertización e a Sequía (http://www.un.org/es/events/desertificationday/background.shtml).
- 18: Día Nacional da Caridade (http://www.caritas.es/noticias_tags_noticia.aspx?Tag=%20Corpus%20Christi).
En canto ás actividades previstas para esta semana, informámosvos das seguintes:
- Luns 12: Reunión familias 2º ESO e 3º para informar das optativas de 3º ESO e dos itinerarios de 4º ESO (19.00 e 20.15 h, respectivamente).
- Martes 13: Alumnado de 4º Infantil-A (3 anos) visita o MAC; reunión de familias 4º ESO para informar dos itinerarios e optativas de BAC (19.00 h).
- Mércores 14: Alumnado de 4º Infantil-B visita o MAC; e alumnado de 3º e 4º EP vaise de excursión ó Castro de Borneiro e á praia de Balarés.
- Xoves 15: Visitan o MAC os alumnos e alumnas de 5º de Infantil.
- Venres 16: Excursión a Aquapark para 5º e 6º de Primaria, visita ó MAC para alumnas e alumnos de 6º Infantil. Neste día recibirán o boletín de notas da 3ª avaliación todo o alumnado de Primaria, Secndaria e 1º Bacharelato. Coñeceremos, tamén, os resultados da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade).
- Domingo 18: Festa de fin de curso. Empezaremos coa Eucaristía de Acción de Gracias (10.30, capela do colexio), continuaremos cos cantos e bailes preparados polas etapas de Infantil, Primaria e outras actividades extraescolares, e compartiremos o momento da comida cos xogos e coas diferentes actividades preparadas para os máis pequenos pola ANPA. Esperámosvos a todos!!!
Feliz semana!