Chegando ó remate de curso, convén que fagamos avaliación para valorar o que estamos a facer: felicitarnos polos logros e mellorar aquilo que non foi tan positivo.
Para iso, precisamos da vosa colaboración e axuda. A semana pasada enviámosvos a enquisa de satisfacción con respecto á organización e funcionamento do colexio. Esta enquisa estará aberta ata o día 11 de xuño.
A partir desa mesma data, mandarémosvos enquisas relacionadas coas actividades extraescolares, servizos complementarios e inmersión lingüística realizadas este ano en Foz, Kingsgate e Dublín. Ditas enquisas recibirédelas as familias dos alumnos e alumnas que participaron nesas actividades. Animámosvos a cubrilas e, así, axudarnos a mellorar os nosos servizos. Estarán abertas ata o 15 de xuño.
Estas enquisas envíanse por Educamos. En caso de non acceder a elas, podedes solicitar en Secretaría un código QR que vos permitirá o seu acceso.
Por outra banda, o alumnado tamén está a facer nestes días os exames correspondentes á 3ª avaliación. O calendario de 1º BAC é o seguinte: