Pasado o ecuador do 2º trimestre, continuamos coa nosa axenda de actividades complementarias para o alumnado. Nesta semana destacamos as seguintes:
- Martes 20: Visita á Biblioteca do centro cívico de Los Rosales para as nenas e nenos de 2º Primaria-A.
- Xoves 22: O alumnado de 3º ESO inicia a súa inmersión lingüística en Hastings (https://www.lkidiomas.com/ministays-hastings/). Regresarán o día 1 de marzo. 1º obradoiro Agasex para as alumnas e alumnos de 4º ESO. Pola tarde, 1ª Xornada de Portas Abertas para as familias de novos alumnos (15.45 h).
- Venres 23: Os “maiores” de E. Infantil (5 anos) participan na III Edición Maths Champions, que organiza o colexio Montespiño (Mathschampions).
Aproveitamos para informarvos dalgunhas axudas para formación en linguas estranxeiras e participación nun campus científico:
- Actividades de formación en linguas estranxeiras para alumnado de ESO e BAC: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/24182
- Axudas para participar nos campus científicos de verán para alumnado de 4º ESO e 1º BAC: https://www.campuscientificos.es/
Que teñamos unha feliz semana!