Imos chegando a final de mes para entrar no mes con máis actividade conmemorativa e celebrativa, pero tamén de ir facendo análise do estado académico de cada alumna e alumno. Para esta semana temos previstas as seguintes accións:
- Luns 26: Alumnado de 2º BAC continúa cos exames do 2º trimestre, 4º ESO ten a 2ª sesión do obradoiro Agasex e 3º ESO segue “inmerso” en Hastings. Pola súa banda, o profesorado e axentes de pastoral terán a 2ª charla San Faustino Míguez, impartida por M. Rocío Vázquez, coordinadora de Pastoral do Equipo de Titularidade de España e coordinadora da Comisión de Pastoral Vocacional do Instituto Calasancio. Presentaranos o carisma calasancio como resposta vocacional.
- Martes 27: As nenas e nenos de 4º Infantil-B realizan unha actividade nun supermercado de Gadis, dentro do programa «Gadis saludable»
- Mércores 28: Presentación ó alumnado de 4º ESO e BAC do libro ¡Que se le van las vitaminas!, de Déborah García Bello, química, divulgadora científica, escritora… e antigua alumna de Calasancias (http://dimetilsulfuro.es/, twitter.com/deborahciencia).
- Xoves 1 de marzo: Entrega de notas a 2º BAC, 3ª sesión de Agasex para 4º ESO, actividade de «Gadis saludable» para 4º Infantil-A, reunión informativa para as familias de 2º ESO sobre a excursión de fin de curso (19.30 h) e regreso do alumnado de 3º ESO de Hastings.
- Fin de semana: Convivencia intercolexial para as nenas e nenos de 5º e 6º EP que forman parte do Movemento Calasancio. Pasarán o fin de semana en Dorrón (Sanxenxo) compartindo actividades e experiencias con nenas e nenos de Pontevedra, Ourense e Vigo.Tríptico Intercolexial EP 2018.
Que pasemos unha feliz semana!