Semana de San Faustino Míguez. As principais actividades previstas para esta semana son:
-
Luns 5: Reunión coas familias e alumnos de 1º ESO que participaron o curso pasado no proxecto Un día de cine. Presentaráselles un novo proxecto, “En la vida pública”, no que poder participar desde o colexio xunto con asociacións como Grumico, Aspronaga, a fundación Emalcsa. Todo isto está coordinado por Proxecto Máscaras. A reunión será ás 17.30 h na sala de conferencias do colexio.
- Martes 6: 3ª e derradeira Xornada de Portas Abertas en horario lectivo (15.45 a 18.00 h); última reunión informativa para as familias das alumnas e alumnos que se anotaron para as inmersións lingüísticas de 4º EP (Foz) e 6º EP e 1º ESO (Swanage). Serán ás 19.00 h na sala de conferencias e na aula de 3º ESO-A.
- Mércores 7: O profesorado, PAS e axentes de pastoral celebra a vida de santidade de San Faustino Míguez, asistindo á 3ª charla SFM co gallo do ano da canonización do noso fundador. Será impartida por D. Rafael Casás, profesor e pai de familia. A continuación, haberá unha celebración e uns pinchos .
- XOVES 8: Día de S. Faustino Míguez e Día Internacional da Muller. Como xa sabedes, é festivo local na nosa cidade, polo que nos tomaremos un “kit-kat” nesta semana.
- Venres 9: Eucaristías para ESO-BAC (8.45 h) e Primaria (10.00 h), actividades variadas e OLIMPIADA SAN FAUSTINO MÍGUEZ, fase zonal. Xuntámonos os catro colexios de Galicia desde 5º de Primaria. Os equipos que resultaron gañadores nas fases locais, competirán para clasificarse para a fase nacional que se celebrará en Alicante o 19 de maio.
- Fin de semana: Por mor do mal tempo, aprazouse a convivencia intercolexial do Movemento Calasancio para este fin de semana. A ela asisitirán as nenas e nenos de 5º EP anotados ó MC.
Feliz semana para todos!