Rematamos o mes de abril coa boa noticia da data de canonización do beato Faustino Míguez. Podemos seguir todas as novas relacionadas coa canonización no seguinte blog: http://fidelidadenelamor.blogspot.com.es/
En canto ás actividades complementarias previstas para esta semana, destacamos as seguintes:
- Luns 24: Visita ó Castro de Elviña para todo o alumnado de 1º ESO.
- Xoves 27: Visita a Ikea para alumnado de 3º EP e ó INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica) para alumnos/as de ciencias de BAC. Pola tarde, formación para as familias dos alumnos/as de 2º ano de 1ª Comuñón nas horas habituais (16.30 e 19.30 h).
- Venres 28: Visitan Ikea as alumnas e alumnos de 4º EP; e obradoiro de ciencias con Repsol para alumnado de 6º Primaria no colexio.
Lembramos que o día 1 de maio, luns, é festivo para todos, polo que regresaremos á nosa actividade o día 2. Feliz semana para todos!