Por fin coñecemos a data da canonización do noso fundador, P. Faustino Míguez: 15 de outubro de 2017, en Roma. Sen dúbida, para todos os que formamos parte do Instituto Calasancio e coñecemos a persoa de Faustino, é unha gran ledicia este recoñecemento que a Igrexa fai e de maneira pública a Faustino, home aberto á vontade de Deus que non se cansou de repetir «deixemos obrar a Deus que para mellor será».
Queremos compartir con todos vós este importante acontecemento e facémosvos partícipes da circular que M. Sacramento Calderón, Superiora Xeneral, nos envía a todos os que, dun xeito ou doutro, compartimos a misión educativa calasancia, así como do significado da canonización e do milagro que foi aprobado pola Igrexa.
Tamén vos facemos partícipes dos ecos que este acontecemento tivo no día de hoxe nalgúns medios de comunicación:
- http://www.larazon.es/religion/el-papa-aprueba-milagro-para-hacer-santo-al-sacerdote-faustino-miguez-MD14173492
- http://www.vidanuevadigital.com/tribuna/faustino-miguez-un-santo-de-carne-y-hueso/