Semana de remate e inicio de mes. Isto implica cambio de horario en educación infantil e primaria no mes de xuño: a partir do xoves, o horario é de 9.00 a 14.00 h. Pola súa banda, BAC segue co mesmo horario e ESO tamén, agás a tarde do luns, que xa non teñen.
En canto ás actividades programadas para estes días, temos:
- Luns 29: Reunión de familias de 2º ESO para informar da excursión a Cangas de Onís (19.30 h).
- Martes 30 e mércores 31: Avaliación individualizada para 3º Primaria.
- Mércores 31: Exhibición dalgunhas actividades extraescolares da Asociación Deportiva LUDI (15.30 a 17.30 h).
- Xoves 1: Excursión de fin de curso para 2º ESO (Xixón e Cangas de Onís-Arriondas). Regresan o día 2.
- Venres 2: Visita ó Museo de Arte Contemporáneo para alumnado de 1º EP, actividade de paintball en A Zapateira para 3º ESO; e imposición de símbolos para alumnas e alumnos de 5º EP a 2º ESO do Movemento Calasancio (16.30 h).
Feliz semana para todos!
#CanonizaciónPFaustino fidelidadenelamor.blogspot.com.es/
Testemuña dun alumno do P. Faustino