No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
A presente orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino: participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO; axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de Primaria e en educación especial, e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
Aconsellámosvos que leades ben a Orde para evitar calquera tipo de error; en caso de dúbidas, podedes consultar coa secretaría do colexio.
Tedes máis información en: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros