Nesta corta semana, pero intensa polos exames que xa empezan, temos previstas as seguintes actividades:
- Xoves 10: Celebracións de Advento para os cursos de 6º de Primaria, 3º ESO-A e 4º ESO. Formación de nais e pais de 1ª Comuñón de 1º ano (16.30 h).
- Venres 11: Visita ó Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) polo alumnado de 2º de Infantil (10.00 h); pola tarde, o coro de ESO foi seleccionado para participar no V Festival de Panxoliñas, organizado por Escolas Católicas de Galicia. Será ás 17.00 h no colexio La Salle, en Santiago de Compostela.
- Domingo 13: Eucaristía familiar ás 12.00 h na capela do colexio para todas as familias do colexio que desexen participar nela. É preparada polos alumnos do Movemento Calasancio.
Lembramos que entramos na 2ª semana da Operación Quilo. Se na Gran Recollida de novembro se superaron con creces os retos marcados, tamén nós queremos superar os quilos aportados o curso pasado.
Que sexamos capaces de encontrar tempos para pedirlle a Deus que nos axude a prepararnos nesta segunda semana de Advento para o tempo de Nadal.