No día de hoxe, mércores, falecía repentinamente no colexio dos PP Escolapios o P. Arturo, ós seus 93 anos de idade. Acababa de entregar exemplares da revista Gesto e algúns evanxeos ós alumnos do colexio.
Mañá pola tarde será o seu enterro no cemiterio parroquial de S. Pedro de Visma ás 17.30 h. A Dirección do colexio PP Escolapios pídenos que a esa hora procuremos non entorpecer cos coches a saída do féretro, pois coincide coa saída dos nosos alumnos.
O Equipo Directivo de Calasancias roga encarecidamente ás familias do noso colexio que favorezamos esta petición e procuredes utilizar os aparcadoiros propios do colexio, evitando así entorpecer a Estrada dos Fortes de camiño ó cemiterio. Agradecemos que teñades a ben esta petición.
Para todos aqueles que coñecestes ó P. Arturo, comunicámosvos que despois do enterro celebrarase a misa de funeral na igrexa do colexio de PP Escolapios.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Equipo Directivo