Xa metidos en curso, dámosvos a benvida a casa a todos, alumnos, familias e persoal do colexio. Agárdanos un novo curso escolar no que son moitas as ilusións, esperanzas e proxectos que temos postos. Para acadalos precisamos traballar xuntos na mesma liña educativa.
A nivel institucional, é dicir, en todos os colexios calasancios de España, América, África e India, queremos dar resposta nos anos 2016 a 2019 a unha chamada que o papa Francisco ven facendo desde o seu pontificado: «O desafío urxente de protexer a nosa casa común» (Laudato SI’13). Desde unha ollada crente, sentímonos chamados a demostrar que hai unha forma diferente de vivir, coidar e colaborar con Deus Creador na obra da Creación (planeta, medio ambiente, casa común).
O noso fundador, o beato Faustino, foi un home moi atento á realidade do seu momento e soubo poñer os seus coñecementos ó servizo da ciencia e da saúde. Nada lle foi alleo, senón que tratou de dar respostas xenerosas para construir un mundo máis humano e máis igualitario.
Así, como escola calasancia que segue os pasos do seu fundador, os colexios calasancios propoñemonos dous grandes obxectivos para este trienio:
- Coidar a Creación nos ámbitos das relacións, da interioridade e da solidaridade cos que sofren.
- Aprender a pensar e actuar con sentido ecolóxico en todos os ámbitos da vida.
Todos os que formamos a comunidade educativa de Calasancias Coruña estamos invitados a contribuír na consecución deses obxectivos. Por iso, este curso o noso lema reza BENVIDO A CASA, sendo esa “casa” a “casa común” en palabras do papa Francisco. Animámosvos a ler e reflexionar a encíclica LAUDATO SÍ’, dirixida a toda persoa que teña sensibilidade polo coidado do mundo que deixamos ós nosos fillos, mozos… porque tamén nos teremos que preguntar qué fillos, mozos… deixamos ó noso mundo. Benvidos a casa!!!
Equipo Directivo