… E agardámosvos con moita ilusión porque temos moitas cousas novas que aprender e compartir.
Recordamos o máis importante para esta primiera semana:
- Inicio de clases para Infantil e Primaria: día 12, luns, ás 11.00 h (rematamos ás 14.00 h).
- Inicio de clases para Secundaria e Bacharelato: día 15, xoves (mesmo horario que EI-EP).
- Reunión coas familias de ESO e BACH: día 14, ás 19.00 h (xa directamente nas aulas cos titores).
Publicamos de novo o horario da tenda de uniformes.
E desexamos que sexa para todos un feliz inicio de curso, que centraremos na idea do coidado da casa común (coidar un dos outros e do planeta que habitamos). Pouco a pouco iremos dando a coñecer as diferentes iniciativas relacionadas con este tema.