A partir do día 1 de decembro e ata o 17 iniciamos a Operación Quilo coa finalidade de axudar ás familias necesitadas da nosa cidade a través do Banco de Alimentos e da Institución Benéfico Social P. Rubinos.
Este ano trataremos de organizar a nosa solidariedade indicando que tipo de alimentos podemos aportar por cursos, para así responder ás peticións que nos fan desde os organismos benéficos cos que colaboramos.
Se algunha familia coñece algunha situación concreta á que poidamos botar unha man con esta Operación Quilo, desde o Equipo Directivo agradecemos que nos informen para poder axudar a paliar dita situación.