Despois dun mes de inactividade da páxina do colexio, volvemos a estar activos para toda a comunidade educativa cun novo rostro, que se vai configurando pouco a pouco, pois só estamos no principio.
Somos conscientes dos problemas causados neste tempo de “silencio”, sobre todo pola falta de información á que estabamos acostumados. Pedímosvos disculpas por isto. E acollemos todo tipo de suxestións que nos fagades para seguir mellorando, pois sabemos que dar coa páxina ideal é tarefa case que imposible.
Son moitos os apartados que nos faltan por perfilar, pero consideramos que xa non podiamos esperar máis. Un dos nosos obxectivos era mellorar a galería de imaxes e cremos que o estamos a conseguir. Non obstante, seguimos traballando…
Moitas gracias a todos pola paciencia!!!