A partir da vindeira semana, a maioría dos alumnos teñen que pasar polos exames correspondentes ó 1º trimestre, aínda que xa ó largo do mesmo levan feitas máis probas, exercicios, traballos, etc. Se durante o trimestre foron traballando día a día, os resultados finais seguramente serán positivos. O día 17 de decembro coñeceremos ditos resultados…
Como é habitual, o alumnado de bacharelato dispón de catro días con dedicación exclusiva para os exames. Tras consensualo co propio alumnado, o calendario é o que figura na imaxe. Moita sorte a todos!