Mes de febreiro, mes de Entroido e de inicio de Cuaresma. Semana intensa e movida para todas as etapas. Xa chega o que todos estábamos a esperar: O FESTIVAL DE COMPARSAS.
O máis destacable para estas dúas semanas é:
Luns 17:
- Profesorado de colexio acode ao III encontro da comisión de lectoescritura onde planifican as liñas a seguir no proxecto de lectoescritura de infantil e primaria.
- O alumnado de 2º de BAC segue cos exames da 2ª avaliación.
Martes 18:
- Encontro dos equipos responsables do proxecto SER (Xetafe).
- O alumnado de 4º ESO A acode ao Museo de Belas Artes.
- Visita á biblioteca de “Los Rosales” do alumnado de 2ºB de primaria.
- Continuamos cos exames en 2º BAC.
Mércores 19:
- O alumnado de 2º A de primaria visitará a biblioteca de “Los Rosales”.
- Visita ao Museo de Belas Artes, do alumnado de 4ºESO B.
Xoves 20:
- Obradoiro no centro, para o alumnado de 1º ESO, que leva como título “Libre de etiquetas” e que trata de favorecer que as mozas e os mozos poidan desenvolverse e relacionarse libres de prexuízos, estereotipos de xénero, presións sociais e mediáticas vinculadas co xénero que dificultan unhas relacións interpersoais entre ambos os sexos.
- Catequese para as familias que están no 1º ano de formación da 1º comuñón. O horario é o de sempre.
- Xunta de avaliación do alumnado de 2ºBAC.
Venres 21:
- O alumnado de 1º de infantil visitará o Museo de Belas Artes, para poñer en práctica o proxecto que están a desenvolver na aula.
- Celebración do Entrodio: Pola maña teremos as comparsas de ESO-BAC a partir das 11.00h e pola tarde o alumnado de infantil e primaria daralle a benvida ao Entroido cun espectáculo que mellórano cada ano. Non o podedes perder.
- Entrega notas 2ºBAC.
- MINIVACACIÓNS DE ENTROIDO… ata o mércores, inclusive. Regresaremos ás clases o xoves 27.
Domingo 23:
- O alumnado de bacharelato comeza a excursión a París.
Venres 28:
- Os alumnos de Bacharelato voltan da viaxe de París.
- Continuamos coa actividade de “Recreo con postres” organizada pola ANPA.
- Actividade organizada pola ANPA para o alumnado de 4º de E.I. (3 anos). Recibiredes a circular de inscrición nos próximos días.
Sábado 29:
- Comeza a inmersión lingüística no Reino Unido para os alumnos de 6º de primaria e 1º de secundaria. De seguro sabrán sacar o mellor desta viaxe.
- O alumnado de 3º de secundaria inicia a inmersión lingüística en Irlanda durante unha semana. Esperamos disfruten desta experiencia.
Feliz entroido!.