Pasadas as festas do Entroido, entramos no tempo litúrxico de Cuaresma. Para esta semana isto é o que nos agarda:
Luns 2:
- Comeza o período de SOLICITUDE DE ADMISIÓN para o alumnado que entrará no curso 2020-2021. Poderán inscribirse ata o día 20 de marzo.Tedes máis información AQUÍ.
- Nuba, a cadela que nos está ensinando a identidicar as nosas emocións, visitará as aulas de 3 anos. Agárdana con moita ilusión.
- Un grupo de 6º de primaria e 1º de ESO están a disfrutar da inmersión no Reino Unido. Os de 3º de ESO visitán Irlanda durante unha semana.
- O alumnado de 4 anos visitará a fundación Mª José Jove onde lles agarda unha actividade do máis interesante.
- Profesorado do 3º ciclo recibirá formación sobre a plataforma virtual de aprendizaxe de Aulaplaneta.
Martes 3:
- De novo volve a nosa cadela preferida (Nuba) que está a ensinarnos as emoción que sentimos cando está connosco. Visitará ao alumnado de 5 anos.
Mércores 4:
- O alumnado de 1º e 2º de primaria disfrutará, no colexio, dun contacontos.
Xoves 5:
- Catequese para as familias do 2º ano da preparación dos seus fillos para a 1º comuñón.
Venres 6:
- A ANPA organiza, ás 17.30h, un obradoiro para o alumnado de 2º E.P. Recibiredes máis información a través da plataforma Educamos.
- Congreso de “Lo que de verdad importa” onde se acerca aos xóvenes valores humanos universais como a tolerancia, a superación, o respeto e a solidariedade a través de historias exemplares e inspiradoras que lles fan reflexionar sobre as cousas que de verdade importan na vida. Celébrase no Palexco.
Sábado 7:
- Regreso dos grupos de inmersión que visitaron Irlanda e o Reino Unido.
Domingo 8:
- Eucaristía familiar, na parroquia de Los Rosales, ás 11.30h.
Feliz semana!
«O dereito á educación comporta o dereito a acceder a unha escola que favoreza o pleno desenvolvemento da personalidade de todos e cada un dos alumnos e alumnas, a súa inserción crítica no entorno social e a súa preparación para a vida profesional» (Proposta Educativa Calasancias, nº 2).