Iniciamos o terceiro mes deste curso. Nesta semana a única actividade que debemos recordar é a reunión de formación para as nais e pais dos alumnos de 4º de Primaria que asisten a catequeses de 1ª Comuñón (xoves 3, ás 16.30 ou 19.30 h).
Este mes de novembro está cargado de actividades complementarias, que iremos comunicando semana a semana, exames para 2º BACH, magosto, celebracións de S. Xosé de Calasanz e do mestre, etc. Tamén adicaremos unha parte a acción social co alumando desde 3º ESO colaborando un ano máis co Banco de Alimentos; ademais, lembramos que todos podedes aportar o voso gran de solidariedade coa escola de Derang mercando na recepción do colexio a lotería de Nadal. É por unha boa causa.
Desexámosvos unha feliz primeira semana de novembro!