Actividades e reunións previstas para esta segunda semana de novembro:
- Luns a mércores: Obradoiro de comunicación (prensa, radio e blogs) para o alumnado de 6º EP-A, en horario de mañá (de 11.00 a 13.00 h).
- Mércores 9: Visita á Real Academia Galega e á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán para o alumnado de 2º BACH. Pola tarde, ás 20.00 h, reunión informativa para as familias de Bacharelato sobre a Viaxe de Estudos a Roma.
- Xoves 10: Celebración do Magosto co alumnado de Infantil e Primaria.
- Venres 11: Visita ó Museo de Arte Contemporáneo para o alumnado de 1º EP-A.
- Domingo 13: Eucaristía familiar na parroquia de Los Rosales preparada polos nenos e nenas de 1ª Comuñón 2º ano (11.30 h).
Feliz semana para todos!