Actividades previstas para esta terceira semana de novembro:
- Luns a mércores: Obradoiros de comunicación co Grupo Voz para o alumnado de 6º Primaria-B (radio, prensa e blogs).
- Luns 14: Presentación do novo proxecto de Misión Compartida (Participación e Pertenza) a todo o persoal do colexio (17.45 h).
- Martes 15: Participación de todo o alumnado de 3º e 4º ESO no Evento Kliquers que se desenvolverá en Palexco (https://kliquers.org/). Reunión da xunta electoral constituída co gallo da renovación parcial do Consello Escolar para a proclamación da candidaturas presentadas polos estamentos de profesores e familias (16.30 h).
- Mércores 16: Sorteo público de vogais para constituir a mesa electoral dos representantes de familias (16.00 h).
- Xoves 17: Representación da obra Balor na acción dunha cadeira no Ágora; asiste o alumnado de Bacharelato (9.00 h).
Feliz semana para todos!