Lotería de Nadal. Pódese comprar na recepción do colexio. Está á venda ata o 18 de decembro. Participacións de 5 euros.
A finalidade destas participacións é a de colaborar coas misións calasancias de Futrú (Camerún), Akurenam (Guinea Ecuatorial) e Derang (India), onde as necesidades dunha escolarización adecuada e digna para as nenas e nenos desas zonas (como de tantas outras) son evidentes. Con este fin estamos facendo posible un dos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
Para máis información sobre os ODM, poden consultar a seguinte páxina: http://www.un.org/es/millenniumgoals/education.shtml