Empezamos o mes de maio, tradicionalmente o mes de María. Semana curta, que xa nos vai amosando o mes das celebracións coa 1ª tanda de 1ª comuñón. As actividades previstas son:

  • Mércores 2: 1ª sesión de traballo para alumnado e adultos implicados no Proxecto Sitcom, coordinado por “Un día de cine” (17.30 h).
  • Xoves 3: Excursión para as nenas e nenos de Infantil á granxa O Ventoso (1º EI-A, 2º EI-A e 3º EI-B). Pola tarde, formación para as familias do alumnado de 1ª Comuñón 1º ano (16.30 e 19.30 h).
  • Venres 4: Visita ó Muncyt para alumnos e alumnas de 4º EP. Participarán na actividade “Desafío Muncyt”. Pola tarde, celebración de “O Noso Pai” para os nenos e nenas de 1ª Comuñón 1º ano, e tamén para as súas familias (17.30 h).
  • Sábado 5: Marcha Mariana a Os Milagros (Maceda, Ourense). Nela poden participar todos os rapaces e rapazas pertencentes ós diferentes grupos de Pastoral (1ª Comuñón, Movemento Calasancio, Confirmación, Coro e Guitarra…).
  • Domingo 6: Celebración da 1ª Comuñón para a 1ª tanda de nenas e nenos de 4º EP. Será ás 12.00 h na capela do colexio.

Feliz semana para todas/os!

«La devoción a María consiste en imitarla, y para imitarla es preciso conocer sus virtudes y esforzarse en practicarlas; éste es precisamente el objeto de las flores de mayo, procurar conformar nuestra conducta con la de la Virgen, inflamar nuestros corazones en el amor divino…» (S. Faustino Míguez, “Mes de Mayo”, en Habla el Padre Fundador)