Mañá venres, 13 de xullo, o colexio non prestará servizos de administración e secretaría debido ó pasamento de M. Carmen Valcárcel Sangil.

Como xa se informou en www.facebook.com/CalasanciasCoruGalicia/ , desde hoxe podemos darlle o derradeiro adeus a M. Carmen na capela do colexio. A misa de funeral será mañá ás 11.00 h na mesma capela e, posteriormente, procederemos ó seu enterro no cemiterio de S. Pedro de Visma.

Agradecemos de corazón todas as manifestacións agarimosas que estamos a recibir a través das redes sociais, en persoa, por teléfono… Como ben expresa un de tantos comentarios, M. Carmen foi «maestra de vocación y de corazón, una educadora cariñosa, paciente, dulce, cercana y motivadora? Su luz y ejemplo brillarán y nos iluminarán para siempre desde el cielo???DEP».

Graciñas!!!